Día 14 de abril, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Senén. “O patrimonio industrial de Ourense”
De 19 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do 25 de abril para ver patrimonio industrial na provincia de Ourense.
De 19 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do 25 de abril para ver patrimonio industrial na provincia de Ourense.
Día 28 de marzo, sábado
Saída ás 8,30 horas
Viaxe a Santiago de Compostela para visitar a exposición "Galicia un relato no mundo".
Día 27 de marzo, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Manuel Gago Mariño sobre a exposición "Galicia un relato no mundo".
Estimados socios:
Tendo en conta as disposicións tomasas porla autoridades, e por acordo da Xunta Directiva, comunicamos aos asociados que se suspenden as actividades programadas para os meses de marzo e abril ata novo aviso quedando a expensas de reinicialas cando o aconsellen as autoridades.
En consecuencia quedan suspendidas a conferencia de Manuel Gago Mariño comisario da exposición "Galicia un relato no mundo"; a viaxe a Santiago do día 28 de marzo; a conferencia de Felipe Senén sobre “O patrimonio industrial de Ourense” do 14 de abril e a viaxe aOurense do día 25 do mesmo mes.
De momento mantense a viaxe dos días 29, 30 e 31 de maio a Asturias, dado que aínda faltan dous meses e é de supoñer que a situación se normalice. Iremos informando.
Adolfo de Abel Vilela
Presidente
Día 3 de marzo, martes
Ás 19 h.
Visita guiada a exposición "Nös de onte a hoxe: cen anos de historia” no Museo Provincial.
Ás 20 horas
Conferencia de Carlos Bernárdez sobre “O Grupo Nós”
Día 3 de marzo, martes
Ás 19 h.
Visita guiada a exposición "Nös de onte a hoxe: cen anos de historia” no Museo Provincial.
De 18 a 19 h.
Anotacións para as viaxes a Santiago, do día 28 de marzo para a visitar a exposición
“Galicia un relato no mundo” e para a viaxe ao Patrimonio industrial de Asturias os días 14, 15 e 16 ou o 15, 16 e 17 de maio.
1 de febreiro
A primeira para fixémola en Padrón, o lugar lendario onde arribou a barca de pedra que desde Palestina trouxo o corpo de Santiago. Alí visitamos o conxunto do santuario de Santiaguiño do Monte (s. XV – XIX), onde, segundo a lenda, ía rezar o apóstolo despois de predicar.
Pasamos a Rianxo facendo a primeira visita guiada ao Museo do Mar instalado na chamada Casa do Coxo. Na sala do primeiro andar explicáronnos como se pescaba a sardiña ao xeito, así como os distintos tipos de embarcacións reproducidas en maquetas, como era o seu proceso construtivo, o deseño, as ferramentas que empregaban e os distintos sistemas de propulsión, estando tamén a trainera.
Como nese día coincidiu a ofrenda floral a Castelao con motivo do aniversario do seu nacemento. Participamos no acto despois de saír do Museo, nun día de choiva e pasamos despois ao Concello onde houbo unha homenaxe organizada pola Fundación Castelao na que interviñeron o alcalde e o presidente da referida fundación, rematando coa actuación dun grupo folclórico que cantou, entre outras composición, “A Rianxeira”.
11 de febreiro de 2020
Dentro do ciclo dedicado a Ricardo Carballo Calero a profesora Pilar García Negro falou no salón do Vello Cárcere do mellor polígrafo da segunda metade do século XX, segundo afirmou a conferenciante ao inicio da súa intervención, na que mesturou biografía e bibliografía, ambas dúas relacionadas moi estritamente.
Comezou facendo un marco histórico poñendo o foco e acontecementos decisivos: I Guerra Mundial, os estertores da Restauración, ditadura de Primo de Rivera, dita blanda do xeneral Berenguer, II República, alzamento militar de 1936, ditadura de Franco, monarquía parlamentaria, constitución e Estatuto de autonomía de Galicia.
Ricardo Carballo Calero naceu no Ferrol o 30 de outubro de 1910 no seo dunha familia cunha posición social e económica boa. Nun do seu escritos dicía que el tiña un pacto con Deus de xeito que non morrería ninguén da súa familia, pero morreulle un irmán pequeno e cando tiña oito anos a súa nai na primavera de 1919 a consecuencia da epidemia de gripe de 1918. A partir dese momento foi coidado pola avoa e una irmá da súa nai. O pai entra en melancolía e mingua a economía da familia.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.